As suxerencias literarias de La Librería CyC do 04 de Septembro
As recomendacións semanais de La Librería CyC chegaron da man de Israel Barandela.
Comezamos o habitual repaso semanal pola literatura recomendada con “El hojo del Reich” de Rafael Tarrás Bultó. Unha historia de amor e amizade, De plans segredos e falsas identidades entre a España plagada de espías, e a Inglaterra das grandes casas de campo. A acción situase no Londres de 1939 cando un axente dos servizos segredos británicos descobre ós dous espías nazis máis buscados. Pero hai tamén unha protagonista española.
A segunda proposta é “Historia de un piano” de Ramón Gener. Unha historia inesquecible sobre o poder redentor da música na que o protagonista atopa o son que buscaba no piano dunha pequena tenda dun barrio barcelonés.
En terceiro lugar “A crueldade de abril” de Diego Ameixeiras. Elvira; a protagonista; é unha muller que quere morrer a pesares de ter 20 anos. Escribe poemas e ás veces desacougantes.
E por último “Vidas Arrebatadas” de Pepa Bueno, sobre os orfos de ETA. O drama de duas vidas. De dous nenos inocentes, sen o calor dunha familia e sen protección das institución. Residían nun cuartel da Garda Civil de Zaragoza cando ten lugar o atentado terrorista.