O alcalde de Barbadás defende na via xudicial a "legalidade" dunha modificación urbanística que beneficia á sua familia
O alcalde de Barbadás, Xosé Manuel Freire Couto e o seu tenente alcalde Manuel García prestaban declaración esta mañá nos xulgados ourensáns por unha denuncia do Psoe por presunta malversación e negociacións prohibidas a funcionarios públicos. Os socialistas basearon esta denuncia nunha modificación urbanística aprobada nun pleno no pasado mes de xullo que serviu pera recalificar terreos no polígono AR 10 nos que supostamente Freire e García tiñan propiedades familiares. Freire Couto recoñeceu que a súa muller posúe unha parte dos terreos pero defendeu que a sua votación no pleno foi legal con informes favorablese da secretaria municipal. Mentres a socialista Victoria Morenza acusaba a Freire Couto de utilizar información privilexiada.
ondacero.es
Ourense | 28.10.2013 13:41