Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/10/2021

Programa completo do 29/10/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 29.10.2021 14:18

Completa a reposición da dobre vía de entrada e saída á rotonda do Muferga. Traballos que repasamos con Luis Blanco, director do Museo. Xornada de mobilizacións no sector ferroviario que repasamos tamén no programa de hoxe, co compañeiro de Onda Cero A Coruña, Alberto Gómez Barros. En Pantón, o BNG denuncia a tardanza coa que o equipo de goberno presentou os orzamentos deste ano e a voceira do BNG, Rosana Prieto, fala tamén dun posible recorte de facultativos no Centro de Saúde do citado concello. Para o espazo de Salgado Congelados preparounos hoxe receita Francisco Prada, un dos cociñeiros do Parador de Turismo de Monforte. E do ámbito deportivo, nova cita esta fin de semana para o taekwondo monfortino, falamos dela co adestrador do Neka, José María Vega.

Cargando...