criticas do vicepresidente económico ao Goberno de Sánchez polos criterios de reparto
A Xunta aposta pola colaboración público-privada para captar os fondos de recuperación
O vicepresidente económico da Xunta de Galicia demanda do Goberno de España uns criterios claros de cómo se fará o reparto dos fondos europeos para á recuperación. Francisco Conde insistía na Cámara en que Galicia presenta unha candidatura de proxectos que teñen como eixo fundamental á innovación. O conselleiro apelaba á iniciativa público- privada para captar fondos.
Redacción
Santiago de Compostela | 09.02.2021 18:54 (Publicado 09.02.2021 18:52)
Dende a oposición criticouse o "oscurantismo" co que dín está levando a Xunta os proxectos galegos que presenta ao Estado. Ao BNG non lle gusta o manto de confidencialidade e que se traballe en cooperación coas empresas.
O PSdeG pedía un maior apoio económico para os sectores máis afectados polas medidas restrictivas.