Óscar Gómez | Paco Sarria
Ourense |
Comezamos o repaso polas recomendacións literarias da semana co libro de Alessandro Macarrone, ilustrado por Luis Paadín titulado “El infinito placer de las matemáticas”. Por que as matemáticas son a arquitectura do universo, son fáciles (non para todos) e enormemente divertidas cando son ben explicadas, e de eso trata esta publicación.
Continuamos con “Las que no duermen, NASH” de Dolores Redondo. Nos Vales Tranquilos non gusta desenterrar segredos nin revelar verdades. Hai que prepararse para a noite máis longa…
A terceira proposta é para os peques: “Las aventuras de Sherlocko. Una sombra en los abismos”. De Gerónimo Stilton. Misterios con detective roedor sagaz e intelixente.
E pechamos recomendación con “El sexo en tiempos del románico”, de Isabel Mellén, Unha relectura da intimidade na idade media ó través da arte románica. Vulvas, partos, parexas en pleno acto que poboan a arte nas igrexas da época.