Álvaro Vila: "A Xunta ten difícil xustificar a sua oposición á condoación da débeda"
O voceiro socialista na Deputación Provincial de Ourense, Álvaro Vila, dixo en Más de Uno que a Xunta de Galicia "ten difícil xustificar a súa oposición á condoación da debeda co Estado" sinalando o contrasenso de que os concellos estén reclamando unha mellor financiación e a administración autonómica esté delegando cada vez máis competencias sen o necesario orzamento.
Por todo elo agarda que o PP na Xunta cambie de postura e que elo beneficie ás administracións locais, por que rexeitar a condoación "é un luxo que non se pode permitir a Xunta". Vila avanzou en Onda Cero algunhas das mocións que levarán ó próximo pleno da corporación provincial.