Máis de Un Pontevedra"As mulleres que opinan son perigosas" volven ao Teatro Principal de Pontevedra o 17 e 18 de marzo
As organizadoras do foro, Susana Pedreira e Diana López, presentaron este luns o cartel e as novidades da sexta edición do foro que terá a Rosa María Calaf e Mara Torres como cabezas de cartel. Trece novas profesionais do xornalismo e da comunicación sumaranse á rede #MulleresQueOpinan que naceu en 2018 e que se consolida como unha cita de referencia en Galicia e no conxunto do Estado. Ademais, este ano nace o I Premio de Xornalismo de Opinión Mulleres que Opinan con dous premios de 1.000 euros para o mellor artigo en galego e en castelán.
Redacción
Pontevedra | 27.02.2023 15:04