Nas últimas 24h 597 persoas deron positivo por PCR

Baixan os positivos por PCR pero crece a presión sobre os hospitais

Baixan os positivos diagnosticados por PCR pero suben as hospitalizacións. Según os datos que aporta Sanidade nas últimas 24 horas foron 597 PCRs positivas en Galicia. Son casi 200 menos que no sábado e domingo. Pola contra suben as hospitalizacións.

Marta Rodríguez

galicia | 02.11.2020 12:40 (Publicado 02.11.2020 12:24)

Hai nestos momentos 77 persoas ingresadas nas UCIS galegas, tres máis que onte, e 446 máis en camas de planta COvid. Son 38 máis que na xornada de onte. Galicia contabiliza xa 923 persoas mortas con COVID e 9.292 pacientes con infección.Crece a presión hospitalarias e tamén o cansancio dos profesionais do sistema sanitario. Os hospitais de Santiago de Compostela suspenderon as libranzas e vacacións do persoal de enfermería ante a imposibiidade de contración e tras ter esgotada a lista de sustitucións. En Ouresne a comisión de centro do Complexo Hospitalario asegura que o persoal sanitario está comprometido e non fallará na atención a poboación. Pero critica ao SERGAS por non ter aproveitado a desescalada para garantir unhas condicións laboráis dignas e facilitar o descanso dos profesionais.

Cargando...