Concello de Pontevedra

A oficina da Feira Franca abre as súas portas este venres

Poden presentarse as solicitudes de hostalaría, mercado e xantares entre o 14 de xuño e o 15 de xullo.

Susana Pedreira

Pontevedra |

A oficina da Feira Franca abre as súas portas este venres | Cedida polo concello de Pontevedra

A oficina da Feira Franca está situada na rúa de Alfonso XIII, no edificio do antigo conservatorio, e permanecerá aberta entre o 14 de xuño e o 15 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas Se ben é posíbel presentar as solicitudes de xeito presencial, tamén é posible facer uso dos formularios en liña na páxina https://feirafranca.pontevedra.gal/

A Feira Franca será un dos eventos principais e máis concorridos do final do verán pontevedrés. Coma sempre, a cidadanía poderá solicitar a instalación e ocupación das distintas mesas que se distribuirán por toda a cidade. O proceso para presentar a documentación para hostalaría, mercado e/ou xantares e ceas estará aberto entre o 14 de xuño e o 15 de xullo do 2024, ambos os dous incluídos. É dicir, este venres abrirase a posibilidade de realizar o trámite.

A oficina da Feira Franca estará aberta na rúa de Alfonso XIII, no edificio do antigo conservatorio, en horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas. As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático a través da web nos formularios que se habilitarán na sección participa ou de xeito presencial na oficina da Feira Franca. Para calquera dúbida tamén é posible remitir un correo electrónico a feirafranca@pontevedra.gal.