O Rey que hoxe nos visita tamén ten un reino… máis pequeño pero teno desde hai 6 anos… e pode ser que aspire a ter un reino maior: Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis desde o ano 2006, está nas quinielas para ser o novo secretario provincial do PSOE en Pontevedra... ese partido que está en conta atrás para rexurdir das súas cinzas: o 9 de xuño remata o TIC-TAC para o PSOE pontevedrés, nesa data celebran o congreso do que sairá un novo líder…
Modesto Pose será o pasado... e o futuro pode ser Juan Manuel Rey.
El non descarta optar á secretaria provincial… iso si pon condicións moi claras e moi duras coa actual directiva que hoxe, aquí en Pontevedra na Onda en exclusiva, nos explica: devolver a voz á militancia socialista, rematar coa prevenda de postos… fala Rey de “cuasi caciquismo” na organización socialista actual en Pontevedra, hai tamén que replantexar o municipalismo, reivindica igual poder para as agrupacións pequeñas que para as grandes como Vigo, e pon un exemplo moi claro: no PP o líder provincial é un concelleiro de Ribadumia, non de Vigo nin de Pontevedra, e vailles moi ben na provincia, cando menos no que a resultados electorais se refire…
En definitiva… di Juan Manuel Rey que é urxente aire fresco para o PSOE, para volver ter peso e presenza na provincia.. e que el podería dar o paso para liderar ese cambio