Pontevedra en la Onda (26/06/13)
O Concello de Pontevedra estuda a posibilidade de que a policía local patrulle en bicicleta polo casco histórico, un asunto que comeza centrando a nosa atención ademais de desvelar o nome da pregoneira das festas da Peregrina deste ano. A Rúa Responde sobre o debate en torno ás touradas. Estrenamos os nosos "paseos de verán" co alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fdez Lores, que nos citou na Praza de España e desde alí avanzamos camiñando cara a Peregrina mentres analizamos a actualidade local.