Pontevedra en la Onda (18/06/14)
Pontevedra foi a cidade escollida polo xa ex-conselleiro Agustín Hernández para o seu último acto institucional, coas súas palabras abrimos programa. Pechamos a nosa xira polas escolas deportivas municipais despois de cinco meses, hoxe estamos no Casino Mercantil coa escola de Xadrez. Recibimos a visita do delegado da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís, para repasar a actualidade da semana. No tempo que cada mércores dedicamos a falar de cooperación e solidariedade facémonos eco da campaña da Unión de Consumidores de Galicia sobre a factura da luz.