Pontevedra en la Onda (15/02/13)
Como cada venres resumimos a actualidade da semana, e ademais hoxe prestamos atención ao estado de saúde da muller ferida de gravidade na explosión dun edificio en Vilagarcía de Arousa. A Rúa Responde sobre o uso que os menores fan das redes sociais, despois de que hoxe coñecimos que o alcalde de Catoira denunciara a un menor por supostas "inxurias" en twitter. Achegámonos ata o novo centro de Alzheimer do Gorgullón que hoxe se inaugura oficialmente, falamos EN CLAVE DE SOSTIBILIDADE con Cruz Vermella Pontevedra, e rematamos marcando unha completa AXENDA cultural e de ocio para esta fin de semana.