Pontevedra en la Onda (12/12/13)
edición do programa de este xoves estivo marcada polo o novo acordo de pesca entre a Unión Europea e Marrocos, que so inclue as flotas canaria e andaluza. Xabier Aboi, delegado de CIG-Mar, fai un análisis do futuro dos busques que operan dende portos como o de Marín ou Vilagarcia. Tamén, fixemos un repaso polas iniciativas solidarias desta campaña de nadal. Carmen Fouces, concelleira de Benestar Social, convidou a sociedade a participar, con maior intensidade, na rede Axuda. Nesta liña, recollimos outra iniciativa do Centro Comercial Pontiñas de Lalín, denominada Pontiaxuda. E, por último, coñecimos a realidade dos colonos da Illa de Ons e a sua visión sobre o proxecto de instalar un hotel no faro insular.