Pontevedra en la Onda 11-08-2015
O conselleiro de Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Concello de Pontevedra para asinar o convenio de colaboración do novo edificio xudicial, unha cuestión que centra a nosa atención no inicio de programa. A Rúa Responde sobre a emigración da mocidade galega e a irreverente Dina Mita danos a súa opinión sobre a celebración de Peñas. As terrazas de verán teñen hoxe como convidada á nova alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. Percorremos as praias buscando a predicción do tempo e completamos a nosa bolsa de praia cos bos libros que nos recomenda Mercedes Corbillón desde a Librería Cronopios
