Pontevedra en la Onda (01-04-2016)
Como cada venres comezamos adiantando as novas da vindeira semana e repasando a actualidade desta que deixamos atrás. Escoitamos a Dina Mita coa súa particular ollada sobre o que escoita na radio, e con Javier Arnau abrimos unha nova edición de ENREDADOS, hoxe percorremos o mundo facendo paradas en cidades en ruinas.. Ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para a fin de semana.
