Máis de Un Pontevedra Paola María: "O novo Vaibike! xa ten máis de 500 usuarios e temos Vilagarcía chea de bicicletas"
Conversamos coa concelleira de Urbanismo e Mobilidade de Vilagarcía de Arousa, Paola María, sobre o novo "Vaibike!" que acaban de poñer en marcha neste mes de abril e que xa conta con máis de 500 usuarios. Na aposta do Concello por avanzar nun modelo de mobilidade sostible, renovaron e ampliaron o servizo municipal de bicicletas, que pasou de contar con 5 estacións ás 16 da actualidade. Deste xeito o Vaibike! chega a boa parte do municipio, tanto a zonas do centro urbano como ás do extrarradio, e dá máis facilidades aos usuarios para que fagan uso da bicicleta como medio para desprazarse pola cidade.
Redacción
Pontevedra | 05.04.2023 14:35