Cita no Museo

Unha nova exposición mecida polo “Vento” no Museo de Pontevedra

Recíbenos o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, no Museo de Pontevedra para visitar a exposición ‘Alberto Baraya. Vento’. É a segunda mostra do ciclo ‘Infiltracións’, que convida a artistas contemporáneos a dialogar cos fondos do Museo.

Susana Pedreira

Pontevedra |

Visitamos a mostra en compañía do artista, Alberto Baraya, e do comisario, Iñaki Martínez Antelo. A vela dun bote polbeiro presidee a exposición na que, ademais, podemos ver pinturas e gravados relacionados co mar conservados no Museo e que habitualmente non se exponen. Neste enlace directo á nosa web podes volver visitar a exposición a través da radio.