Pontevedra |
A falta de médicos para realizar substitucións neste verán 2024 impacta contra os servizos sanitarios e a atención dun concello da comarca do Salnés como Méis. En pleno mes de xullo, un dos dous consultorios operativos atópase pechado pola falta de persoal para atendelo.
A alcaldesa Marta Giráldez lamenta esta situación, que xa traslado á xerencia en reiteradas ocasións, e lembra que o seu municipio forma parte do mapa das Rías Baixas, unha das zonas de Galicia que máis turistas recibe nestes meses.
De momento, as alternativas que expón a xerencia da área Sanitaria Pontevedra-Salnés céntranse en derivar a usuarios ao centro da parroquia de Mosteiro ou desprazarse ao PAC da Parda en Pontevedra, obrigando a realizar un percorrido de máis de 15 quilómetros.
A rexedora é partidaria de desatascar un histórico proxecto para o concello como a construcción do AquaPark. Explicou Marta Giráldez que esta infraestructura agora está en mans de un grupo inversor suizo con intencións de por en servizo esta instalación a partires de abril de 2025. De cumprirse o compriso e o prazo dado, a dinamización económica do concello e comarca de O Salnés medrará dun xeito importante, con beneficios para Meis e os municipios da bisbarra.
Como cada mes de xulo non falta unha semana de ocio y cultura dedicada a Festa dos Callos. O concello ten previsto realizar unha serie de actividades como a celebración da BTT, o concerto musical de Guadi Galego ou a tradicional degustación de callos o domingo 14 de xullo.
Xa podes escoitar a entrevista íntegra a Marta Giráldez, alcaldesa de Meis, duranta un almorzo informativo no café bar Carabela, na praza da Estrela de Pontevedra.