“A era das fábulas”: a exposición máis ambiciosa organizada polo Museo nos últimos vinte anos
Visitamos a exposición ‘A era dás fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra co vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, e Susana González, unha das comisarias da mostra que pode visitarse ata o 29 de setembro.
Este verán, as coleccións do Museo de Pontevedra, a Fundación María José Jove e TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary establecen unha conversa desde a heteroxeneidade dos seus fondos para, a través da arte, resaltar a inmensa forza que a transmisión oral ten na nosa cultura. Neste enlace directo á nosa web podes volver visitar a exposición a través da radio.