Desayuno Informativo

Emgrobes afronta un outono repleto de eventos de máximo nivel no Grove

María Gómez, xerente da rede de empresarios Emrgobes do concello de O Grove, nun almorzo informativo no Café Bar Carabela, confirma que os sectores hosteleiros e comerciais xa están a preparar a Festa do Marisco e a as xornadas da centola

Redacción

Pontevedra | 17.09.2024 15:31

O gran éxito dos meses do verán, gracias os resultados da actividade turística, nun concello como O Grove dan agora paso a unha recta final dun ano 2024 repleto de eventos de máxima relevancia que permiten desestacionalizar o turismo: a Festa do Marisco, as xornadas da Centola ou as actividades propias do nadal convértense en todo un atractivo para dinamizar sectores clave para o municipio como a hostelería, o comercio e actividades primarias como a pesca ou marisqueo.

Con María Gómez, xerente de Emgrobes, repasamos as últimas experiencias do verán e a volta ao cole e analizamos os eventos que están por chegar a unha localidade de referencia nas Rías Baixas e Galicia pola privilexiada posición xeográfica e pola sua calidade do sector servizos, empresarial e comercial.

(Escoita a entrevista competa con María Gómez, xerente de Emgrobes)