Carme Fouces: "Mantemos os servizos sociais con case nula contribución doutras administracións"
A crise económica incrementou o número de pontevedreses que precisan axuda dos servizos sociais, ao mesmo tempo que o Concello veu recortadas as aportacións da Xunta e do Goberno Central, unha ecuación dificil de resolver que está centrando esta lexislatura o traballo da concellería de Benestar Social que dirixe Carme Fouces. Con ela paseamos esta semana polo barrio de Campolongo e repasamos outros ámbitos da súa competencia como o fomento da igualdade e percorremos virtualmente a Casa Azul e o Proxecto Hedra