Turismo

A Xunta oferta axudas para mellorar os recurso turísticos en concellos de menos de 10.000 habitantes

Manuel Pardo destacou que a nova convocatoria da Axencia de Turismo de Galicia, dotada con 2 millóns de euros e aberta ata o vindeiro 17 de abril, busca impulsar e consolidar a actividade turística nas contornas rurais, e ao mesmo tempo promover a diversificación turística polo territorio da comunidade.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Xunta oferta axudas para mellorar os recurso turísticos en concellos de menos de 10.000 habitantes | Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, puxo en valor a aportación do Goberno galego de máis de 920.000€ a 31 concellos da provincia de Ourense de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas, co fin de impulsar e consolidar a actividade turística nas contornas rurais, e ao mesmo tempo promover a diversificación turística polo territorio da comunidade.

O delegado territorial da Xunta aproveitou a súa estadía neste municipio para lembrar que a Xunta ten aberto o prazo de solicitudes dunha nova orde destas achegas ata o vindeiro 17 de abril que, cun orzamento de 2 millóns de euros, busca fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos destes municipios para consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Nesta liña, explicou que os proxectos, subvencionables ata o 100% do orzamento cun máximo de 30.000 euros por actuación, están orientados á mellora e posta en valor dos recursos turísticos locais como o embelecemento dos accesos aos recursos turísticos, a recuperación e tratamento paisaxístico das contornas, a iluminación ornamental, a adecuación de aparcadoiros ou a creación de miradoiros paisaxísticos e rutas de sendeirismo.

O representante do Goberno galego significou que entre os obxectivos básicos deste tipo de axudas están o desenvolvemento do turismo na comunidade autónoma de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade; a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico, a valorización dos recursos turísticos e o fomento do turismo como un instrumento de reequilibrio territorial.

Por iso – mantivo Manuel Pardo- que o desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, prevese o apoio a actuacións de diferente natureza, que a Axencia de Turismo de Galicia está materializar a través da concesión de subvencións ás entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

A Xunta oferta axudas para mellorar os recurso turísticos en concellos de menos de 10.000 habitantes | Xunta de Galicia

Beneficiarios no ano 2025

Na última resolución destas axudas os municipios ourensás beneficiados foron Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Verea, Maside, Oímbra, Bande, Vilar de Barrio, O Bolo, Allariz, Arnoia, Larouco, Sandiás, Cualedro, Muíños, Lobios, A Peroxa, Castrelo do Val, A Merca, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, A Teixeira, Leiro, Petín, Vilariño de Conso, Ribadavia, Melón, Lobeira, Montederramo, Castrelo de Miño, Cartelle e A Gudiña.