Motor

Victoria e récord de trazado na subida a Taboada

Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto NP01, foi o vencedor da Subida a Taboada, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña.

Óscar Gómez

Ourense |

Victoria e récord de trazado na subida a Taboada | onda cero

Nun fin de semana marcado pola inestabilidade climatolóxica e a emoción pola primeira praza nas distintas categorías e formatos promocionais.

Senín, actual defensor do título e vencedor da pasada edición, marcou a pauta durante as dúas xornadas de competición, obtendo ademáis o novo récord deste trazado que el mismo marcou en 2023. Nesta ocasión foi na segunda manga oficial disputada o sábado na que deixou o crono fixado en 1:33.866.

A continuación sitouse Alexis Vieitez, que no Fórmula Celtic Dicode foi a grande sensación da proba, ao rodar en tempos parellos aos do vencedor da proba e quedándose a tan só 2.8 segundos do primeiro chanzo do podio.

O terceiro posto foi para Jesús Pombo, na súa segunda presencia na montaña galega co espectacular Tatuus FR, a 9.6 segundos de Senín.

Completaron os cinco primeiros postos da clasificación, Jesús López “Pijo”, no Forwin RS23 (a 10,9 segundos da primeira praza) e José Alonso Liste, na súa primeira participación co Dallara F306 preparado e asistido polos alumnos da FP Dual de Automoción especializada en Mecánica de Competición do CIFP As Mercedes de Lugo. Liste, en pleno proceso de adaptación ao seu retorno aos monoprazas quedouse a 11.1 segundos da victoria.

Dentro dos Carcros, triunfo para o grande favorito, Alfonso “Pisko” Ventín. Na súa estrea dun Yacarcross versión 2024, o de Cotobade aventaxou en 12.5 segundos a Abrahán Vázquez e en 13.1 a Adrián Pereira.

Entre os carrozados debut con victoria para Javier Carballo, que mellorou de maneira progresiva os seus cronos no Porsche 991 GT3 para impoñerse a Jorge Pérez Alonso (Hyundai I20 R5) e a Manuel Senra (Ford Fiesta WRC).

Dentro dos participantes do Desafío Kumho Montaña, o mellor foi Manuel Rigueira co Peugeot 208 R2.

Ademáis, Breogán Abalde e Borja Monteagudo foron os mellores dentro da sempre competida categoría de regularidade, ao completar as seis ascensións cun total de 14896 puntos. Darío Amorín e Luis Miguel Buján foron segundos e Iván e José Antonio López foron terceiros, respectivamente.

César Figueiras, pola súa parte, foi o primeiro clasificado na Copa Antoxo que organizaba a Escudería Taboada. Acompañárono no podio Noe González e Alejandro Crespo.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña levará aos equipos galegos ata a provincia de Ourense, coa celebración da Subida a Vilar de Barrio, os días 24,25 e 26 de maio.