O alcalde de Ourense. Gonzalo Pérez Jácome foi citado a declarar no xulgado o 13 de Febreiro de 2026, coincidindo co Entroido, en condición de investigado, por un posible delito de apropiación indebida.A denuncia fora presentada polo ex concelleiro de Democracia Ourensana, Telmo Ucha que o acusou de estar percibindo o soldo íntegro de alcalde duns 75.000 euros anuais con adicación exclusiva e ingresos das suas empresas privadas (entreles a televisión auria tv) sen ter a compatibilidade cuxa petición retirou en 2019.
O querelante consideraba que Jácome podería ter incurrido nos presuntos delictos de prevaricación, malversación de fondos públicos e falsedade documental anque o xuiz que leva a instrucción Leonardo Álvarez optou por tipificalo coma presunta apropiación indebida. Por agora o xulgado xa solicitou ao Concello de Ourense unha certificación dos cartos que veu cobrando o rexedor dende que é alcalde e tamén requeriu ao Ministerio de Facenda que aporte as suas declaracións de renda, patrimonio e ive .
Na actualidade o rexedor tamén está a ser investigado pola denuncia doutros ex membros de Democracia Ourensana por un suposto desvío de diñeiro público a sua tv privada.