Detido por "ameazas e obstrucción á xustiza" un dos investigados na Operación Guitarra
A Garda Civil de Celanova evitou que case mil quilos de carne bovina de dubidosa trazabilidade chegasen ao mercado detendo a unha persoa e investigando a outras seis, catro delas en Ourense.
A Garda Civil de Ourense comunicou hoxe a detención en sendas ocasións dunha das sete persoas investigadas na denominada "Operación Guitarra" na que se impediu a chegada a varias carnicerías de mil quilos de carne por falta de trazabilidade. Ao detido se lle imputan 23 delitos de falsedade documental e 1 de usurpación de estado civil ademáis doutro de amenazas e obstrucción á xustiza.
Según informou a garda civil, a primeira detención foi ao seren informado dos cargos e a segunda despóis de que posteriormente acudise á casa da persoa que o denunciara por presuntas irregularidades na sua explotación gandeira para ameazala e pedirlle que retirase a denuncia ou que cambiase a sua declaracion en sede xudicial. Esto levou a que a vitima o denunciase no cuartel da garda civil de Celanova por amenazas.
Lembremos que a Garda Civil deu por pechada a denominada Operación Guitarra con 7 investigados, 4 veciños de Ourense, un de Lugo, outro de Pontevedra e outro da Coruña.
O denunciante acusóunos, entroutros delitos de presunto maltrato animal, de medicacións sen prescipcións veterinarias, presunta simulación de ataque de lobos ao gando, compras en Portugal sen documentación, sacrificio de animais sen garantías sanitarias que mesmo enterraban nas inmediacións das granxas extraéndolles os crotais que logo reutilizaban noutros animais cuxa carne se vendía a particulares ou empresas cárnicas.
Precisamente os investigadores do equipo ROCA da Garda Civil localizaron crotais dos animais sen nengún tipo de identificación e o cotexaron con informes do servizo de gandería e veterinarios da Conselleria de Sanidade que tamén participaron nas inspeccións nas que detectaron un presunto fraude e falta de trazabilidade da carne puidendo incurrir nun presunto delito contra a saúde pública polo que tras inspeccionar catro establecementos de Ourense e unha sala de despece do polígono de Barreiros, os axentes decidiron intervir e destruir mil quilos de carne evitando que chegase ao consumo humán.
O operativo do equipo ROCA da Garda Civil que comenzou en Marzo a investigación xunto ao UPRONA e os citados servizos da Xunta comprobou que os investigados usaban os datos para facer movemento de animais de xeito fraudulento ao non ter autorizacións e tamén usaban suas claves na plataforma do servizo de gandeiría.