O Concello de Ourense licita a xestión da nova concesión dos buses urbáns por 9,4 millóns de euros anuais
A licitación coincide ca xuntanza do Comité do Transporte Metropolitano e cas queixas dos traballadores de Urbanos ante as criticas veciñais polos retrasos de liñas e horarios actuais.
A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense aprobou o expedente para licitar mediante procedemento aberto o contrato do servizo de transporte publico urbán de viaxeiros cas correspondentes cláusulas e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación nun contrato para xestionar durante 5 anos o servizos de autobuses cun orzamento anual de perto de nove millons e medio de euros.
Dende o concello apuntan que as liñas cambiarán un 95% coa nova concesión debéndose integrar novas liñas das que o gobenro local xa fixo un avance coma tamén avanzou a intencion de ofrecer un transporte gratuito en 2025. Establécese que a concesionaria explotará a flota actual a que se incorporaron 40 novas unidades recentemente (entreles 10 eléctricos) puidénndose incorporar máis no futuro.
O contrato inclue a xestión, implantación de novas liñas e deixa prevista a futura entrada en funcionamento do "transporte metropolitano". Precisamente o alcalde Gonzalo Jácome deixaba constancia de que "o concello dará todas as facilidades para poñer en marcha este transporte e demandou a colaboración de Xunta e Deputación". Para Jácome "a mellor solución para o transporte metropolitano pasa non só por extender as liñas da cidade senón por aproveitar as interurbáns da Xunta para establecer modelos coma os que actualmente comunican a capital con Barbadás. O rexedor considera que "sería bo que a cidade de Ourense liderase o proxecto".
O anunciou do concello coincidía coa celebración na Deputación de Ourense do "Comité do transporte metropolitano" presidido polo titular do organismo provincial Luis Menor, cun equipo político-técnico que puxo sobre a mesa necesidades e problemáticas nesta primeira fase na que o mandatario provincial "agradecía e valoraba positivamente a vontade dos municipios de dar unha solución conxunta aos problemas relativos á implantación deste transporte" que inicialmente integraría a 15 concellos".
En paralelo, en declaracións a Onda Cero Ourense, representantes do comité de empresa de Urbanos de Ourense expresban o malestar dos traballadores polo "descontrol habitual de horarios" e as "queixas contínuas do usuarios polos retrasos"do transporte público na capital. O secretario do Comité, Rubén Mouro (CIG) sinalaba que son precisamente os conductores a diana das críticas dos usuarios e os que sofren o "estrés" por un problema que sitúan no "desfasadas" que quedaron as liñas e nos "límites de velocidade a 30 por hora que deben respetar ao que se lle engaden agora os novos radares colocados na cidade".
Agardan dende o Comité de Urbanos de Ourense que a nova licitación permita poñer solución a estos problemas e tamén a outras reivindicacións nas que inclúen a petición de "aseos portátiles" dando por sentado que tamén se producirá unha "subrogacion da plantilla" anque de momento recoñecen non ter moita información.
Os traballadores dos autobuses urbáns de Ourense din estar dispostos ao "diálogo" para solventar todas as carencias e tamén "para que se conte ca sua experiencia no deseño de novas rutas para que estas non se fagan dende un despacho nen pintadas únicamente nunha pizarra".