O BNG demanda a protección das presas tradicionais de Galiza
Bernardo Varela demanda por en valor estas infraestruturas populares para que sexan protexidas como patrimonio histórico e pola labor de reservorio de auga ante as cada vez máis prolongadas épocas de seca.
O voceiro do Grupo Provincial do BNG, Bernardo Varela, presenta ante a deputación de Ourense a necesidade de conservar este patrimonio histórico que a día de hoxe continúa xogando un papel na conservación dos rios e regatos, sobre todo nas cada vez máis prolongadas épocas de estiaxe. O BNG propón que estas infraestruturas de carácter popular sexan protexidas polas institucións públicas. Polo que deben se catalogas pola Deputación de Ourense e que sexan declaradas Lugares de Valor Etnográfico e protexidas pola Xunta, dotando fondos para a súa conservación.
Instar á confederación Hidrográfica Miño-Sil a respectar o patrimonio etnográfico galego e non desmantelar estar construcións de valor cultural e patrimonial, cuia importancia se fai máis transcendental como factor de regulación e acumulación da auga cos efectos do cambio climático. Resultando imprescindibles canto máis frecuentes e prolongadas se fan as secas. Polo que solicita que se dispoñan fondos desta institución para as labores de conservación que corresponda.
Este patrimonio xoga un importe papel a día de hoxe, dí Varela, principalmente polo seu carácter de reservorio de auga para épocas de estiaxe que cada vez semella serán máis prologadas. “ Este ano moitos rios, se non fora pola presencia destas presas, teríanse convertido en pouco máis que un paso fondo, con algo de humidade, tal como aconteceu nas zonas do Arnoia non represadas.” Tal como indica o voceiro nacionalista este patrimonio patrimonio atopase en risco ante o abandono dos usos tradicionais tanto dos muíños, pesquerias, pasais e curtidurias, como dos sistemas de regadío e a falta dunha adaptación ás novas necesidades.
A falta dunha posta en valor deste patrimonio deu na aparición de novas ameazas, como a manifesta intención da confederación hidrográfica de derrubalas, seguindo criterios europeos alleos ás necesidades do territorio e da veciñanza, e concibidos para outro tipo de presas que supoñen afeccións ambientais moito máis sobranceiras sobre as nosas canles fluviais como os encoros hidroeléctricos, e sen que a Consellería de Medio Ambiente interveña.
A desaparición destras infraestruturas populares comprometería a preservación dos recursos hídricos dos nosos ríos e regatos, e en consecuencia a conservación da fauna piscícola, así como as necesidades dos habitantes do territorio que a precisan para regadíos, usos turísticos e de lecer e por suposto dos usos para auga de boca e industria nas longas estiaxes do verán que desgraciadamente son cada vez máis pronunciadas, como amosou este 2022.