As suxerencias literarias de La Librería CyC do 15 de Maio
Comezamos o repaso ás recomendación semanas de La Librería con “El lado oscuro de la luna”, de Mari Jung Stedt. Onde tra-lo éxito de “Antes de que lleguen las nubes” o inspector Héctor Correa e a profesora sueca Lisa Hagel regresan á Costa do Sol malagueña.
Continuamos con “Atlas de lo invisible”, de James Chesire e Oliver Uberti, con mapas e gráficos que cambiarán a visión que temos do mundo. Un libro dun xeófrafo e dun deseñador que redefinen o que é un atlas con novidosas visualizacións que rematan por descubrir realidades que reflexan o presente e prevén o que chegarán co paso do tempo.
A terceira proposta, as portas da celebración do Día das Letras Galegas é a obra de Ledicia Costas, editada por Xerais, “Pel de Cordeiro”, que narra a vida de duas mulleres unidas durante dous séculos pola forza máxica da bruxeiría.
E por último unha proposta para os máis novos. “El Rulas y la copa legendaria”. Unha personaxe macarra e divertido que quere cumprir o soño de ser futbolista nunha épica aventura.