Más de uno ourense

Miguel A. Michinel: "Sorpréndeme que os funcionarios municipais non se puxeran antes en folga"

O edil do Partido Popular Miguel ángel Michinel, dixo hoxe en Más de Uno Ourense que "sorpréndeme que os funcionarios municipais non se puxeran antes en folga".

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Michinel explicou que os empregados públicos municipais acumulas anos de agravios por parte do Alcalde e que contan con todo o apoio do seu partido para as mobilizacións convocada, comezando pola de mañá.

O edil popular insistíu en que os populares non teñen nada que negociar con Democracia Ourensana ata que non esté publicado no Boletín Oficial do Estado o Plan de Estabilización de Personal.

Sobre a posibilidade dunha moción de censura dixo que "lle corresponde ó partido socialista pilotar e dar o paso" toda vez que a postura dos partidos quedou clara e incidíu en que o Partido Popular nunca descartou a posibilidade dunha moción nese senso.

A adxudicación do servizo municipal de transportes, o PXOM, a contratación de bombeiros interinos ou a moción que levarán ó próximo pleno sobre transparencia foron algúns dos asuntos abordados na entrevista.