Ourense | 11.09.2024 13:43
O fotoxornalista Brais Lorenzo e a xornalista Claudia Morán pasaron hoxe polos micrófonos de Más de Uno Ourense para falarnos da exposición "Habitar o Baleiro" coa que o ftógrafo ourensán amosa unha ollada sobre o despoboamento de Galicia ó través dunha selección de imaxes recollidas durante a última década.
A mostra, que podemos ver no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 3 de novembro é, en palabras do autor, "un proxecto que xorde do amor pola vida que latexa no rural, e como un exercicio de memoria e de preservación". Unha proposta coa que tamén queren abrir un debate sobre o que está a ocorrer diante de nós.