Monforte na Onda 14/03/2016

Monforte na Onda 14/03/2016

Un proxecto para elaborar iogur e outros postres artesás, gañador do concurso convocado pola Fundación Semente de Monforte. No programa de hoxe repasamos como foi o acto do sábado conversando con Severino Rodriguez, membro da Fundación e entrevistamos a Alex Moure, coautor do proxecto gañador. Con Eduardo Vidal, responsable da área de turismo da Deputación Provincial de Lugo, falamos das rutas fluviais que recuperan servizo a partir deste venres. Tamén o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra recupera para Semana Santa Viñobús‬ e Rutas do Románico‬, buscaremos máis información con Alexandra Seara, xerente do Consorcio. Co director de Evega, Juan Manuel Casares, falamos da Xornada Técnica sobre "Alternativas ao viño tradicional" que este xoves celebran no Concello de Sober e buscamos, coa presidenta do CCU, María José Senrra, balance da Feira de Oportunidades celebrada esta fin de semana.

ondacero.es

| 14.03.2016 15:54