Monforte na Onda 08/03/2016
No programa de hoxe repasamos a situación da muller na zona sur de Lugo conversando coa asesora laboral da UGT, Berta Milia, e o secretario do sindicato, Mario Docasar. Entrevistamos tamén a Rosa María Rodriguez Ramos, axudante ferroviaria homenaxeada por mor de esta celebración, e a atleta Saleta Fernández récord galego de salto de altura no Campionato Nacional. E co deputado socialista Vicente Docasar repasamos iniciativas que presenta este mércores no Parlamento Galego. Escoitamos tamén que pensan os nen@ da celebración do Día da Muller.