Monforte na Onda 06/04/2016
Falamos co alcalde de Monforte sobre o Plan Especial de Protección do Casco Histórico. Contámoslle que en Pantón tamén se retoma a elaboración do PXOM. Un técnico de Reacciona 2020 explica o obxetivo desta iniciativa. Falamos da actividade formativa que promove Evega no Centro do Viño e repasamos historia da fábrica de calzados Curtidos Galaicos con José Ángel Pérez Reñones. Son, entre outros, asuntos da actualidade máis próxima que ocuparán hoxe o noso tempo de radio local.