Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS

Programa completo do 08/06/2022

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 08.06.2022 14:22

A partir desta fin de semana ábrese ao público o CIMAR que o sábado inauguraron en San Clodio. Hoxe repasamos o contido conversando con Roberto Castro, concelleiro de cultura de Ribas de Sil. Desde o 2011 levan agardando no concello de A Pobra do Brollón polo Centro de Atención aos Maiores. Despois de moitas vicisitudes, hoxe foi asinada a acta de replanteo dunha obra que repasamos co rexedor local, Xosé Lois Maceda. Coa delegada da Asociación de Hostalería, Beatriz Vila, repasaremos resultado do concurso de tapas celebrado en Monforte. A Asociación de Veciños de O Saviñao denuncia plantacións de eucaliptos feitas no citado concello e explica os motivos o voceiro da Asociación, Manuel Sarmiento. Son, entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.