MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 30/05/2022
Programa completo do 30/05/2022
MONFORTE DE LEMOS | 30.05.2022 14:20
Toca limpar e valorar danos ocasionados pola tormenta caída onte en Monforte que provocou numerosas inundacións. Repasamos incidencias conversando co sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros, Tamás Losada e tamén con José Manuel Rodríguez e Luis Linares, propietarios de bares inundados este domingo. A tormenta tamén danou viñas na zona de Doade. Buscamos datos conversando co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez. Falamos tamén con viticultores afectados como José Manuel Vila, da adega Tear, ou José María Prieto da adega Régoa. Entre os lugares inundados, o local social do club Quixós, onde a auga superou o metro e medio de altura. Fai balance da situación o director técnico da entidade, Santi Díaz. Escoitamos tamén ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, confirma que a Policía Local recibiu máis de medio cento de chamadas e repasa lugares onde se rexistraron incidencias. Repasamos tamén no programa iniciativas que o grupo municipal do PP leva ao pleno de hoxe, conversando coa voceira do grupo, Kati Varela.