MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 29/06/2022
Programa completo do 29/06/2022
Monforte de Lemos | 29.06.2022 14:27
Preto de 600 mil euros empregará o concello de Monforte en mellorar instalacións deportivas que hoxe repasaba o alcalde. Escoitamos ao rexedor local, a José Tomé Roca. O BNG de Monforte alerta sobre o desprazamento dun piar na ponte de Piñeira e reclaman que se restrinxa o tránsito mentres non se certifique que é segura a circulación de vehículos pola mesma. Repasamos situación co voceiro nacionalista Emilio Sánchez. E de caótica califica a CIG a situación na que quedarán os centros de saúde desta zona no periodo vacacional pola falta de profesionais, unha situación que explica Vicente Vázquez. Co alcalde do concello de O Saviñao, Carlos Armesto, repasamos servizo que prestará a partir deste venres un microbús entre Escairón e a Praia de A Coba para evitar aglomeracións de vehículos. E ademais desto, abrimos programa conversando con Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, con ela falamos dos novos espazos expositivos abertos no Museo do Pazo de Tor.