MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 28/02/2022
Programa completo do 28/02/2022
O albergue de peregrinos de Diomondi estará funcionando este verán e será xestionado pola mesma empresa que xestiona outros albergues noutras rutas xacobeas. É unha das novas que repasamos conversando co alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto. O BNG de Monforte leva a pleno a necesidade de ampliar o servizo do Bus Urbano e achegalo a barrios que non contan con este servizo. Desta e outras novas que levan ao pleno de hoxe, danos conta o voceiro do BNG Emilio Sánchez. Un grupo de nais reclaman que se poña en marcha en Monforte un Centro de Atención Temperá. Conversamos cunha delas, con Lucía Vázquez. Entre outros asuntos, falamos tamén dos resultados da Cata de Calificación da última colleita da D.O Ribeira Sacra, con José Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador.