Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 14/03/2022

Programa completo do 14/03/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 14.03.2022 14:22

Chegaron xa a Monforte os primeiros desprazados da guerra de Ucraína. Son 6 persoas, tres deles menores, cuxa acollida xestionou un grupo de Monfortinos. Paula Eiriz é unha das organizadoras da iniciativa e con ela falamos no programa de hoxe. E acollemento para novos refuxiados prepara o grupo de quirogueses que chegaban o venres de volta con 7 persoas, das que cinco quedan na comarca quiroguesa e 2 marcharán próximamente para Sevilla. Falamos delo con Miguel Garrido. En Pantón tamén puxeron en marcha iniciativas que repasamos co alcalde José Luis Álvarez. E tras presentar o sábado o cartel da Feira do Viño de Amandi, hoxe tocou promocionar o evento concello de Bóveda, que será o homenaxeado este ano e aproveitando a feira en Rubián. Falamos co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. E dos proxectos de Arqueoloxía en Comunidade que se promoven nesta zona, fala nun Seminario Internacional que se está celebrando en Santiago, o arqueólogo Xurxo Ayán. Conversando con él coñecemos algo máis da iniciativa. E cando se cumpren dous anos do inicio do confinamento pola Covid 19, fai balance Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria. Son entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.