Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 11/03/2022

Programa completo do 11/03/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 11.03.2022 14:21

Unha trintena de Asociacións queren que se teñan en conta aportacións que poidan facer á Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e ser informadas da repercusión que esta e outras figuras de protección que ten este territorio poden ter entre a veciñanza. Falamos delo con Xurxo Martínez membro da Asociación Cultural e Veciñal de Vilachá promotora da iniciativa. Con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostelería, repasamos como van as xornadas gastronómicas do Estase Cocendo nas que por primeira vez participa tamén unha pastelería; Luis Aguiar é o seu responsable e cóntanos cal é a súa aportación. E todo preparado no concello de Ribas de Sil para atender ás 5 persoas que procedentes de Ucraína, están a piques de chegar ás terras quiroguesas. Falamos con Maite Pérez, unha das acompañantes deste grupo e con Rosa Quiñones, concelleira de Servizos Sociais do concello de Ribas de Sil.