MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 10/03/2022
Programa completo do 10/03/2022
Monforte de Lemos | 10.03.2022 14:27
Representantes do Comité Empresa de Atención Primaria denuncian a precariedade deste servizo concentrándose diante o Centro de Saúde de Monforte. Accións que están desenvolvendo por todas as áreas sanitarias. Falamos con Victor Vila, delegado de CIG Saúde no Comité de Centros de Atención Primaria. A corporación monfortina reclama á Consellería de Medio Ambiente ampliación da planta que Sogama ten no Polígono de Monforte para evitar ter que trasladar a Ourense parte do lixo que se xera na zona. Unha situación que repasamos conversando co concelleiro Miguel Tomé. O concello de O Saviñao pide a colaboración dos veciños para acoller refuxiados. Unha iniciativa da que falamos co alcalde Carlos Armesto. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, toca tamén hoxe gabinete xurídico e co avogado Javier Leiro falamos da lexislación vixente en materia de refuxiados.