MÁS DE UNO MONFORTE 18/02/2022
Programa completo 18/02/2022
Monforte de Lemos | 18.02.2022 14:26
Monforte acolle esta fin de semana varios actos para conmemorar a IV Asamblea das Irmandades da Fala. Co arqueólogo Xurxo Ayán, que vai ser un dos conferenciantes, repasamos como era o Monforte daquela época. O BNG aproveitará esta efeméride para homenaxear o domingo á militancia histórica con actos que repasamos coa responsable comarcal do BNG Rosana Prieto. Conversamos tamén coa etnomusicóloga Beatriz Busto que presenta este sábado en A Pobra do Brollón, un libro disco que vén de publicar sobre as Pandereteiras de Mens. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén con José María Vega, adestrador do Neka, do Campionato de taekwondo que teñen este sábado, e da campaña que poñen en marcha para financiar a viaxe a Corea dos 8 deportistas clasificados para o Campionato Mundial. E a receita para o espazo de Salgado Congelados, chéganos hoxe de O Incio, do Bar Restaurante Viberti con María Díaz.