MÁS DE UNO MONFORTE 06/10/2021
Programa completo 06/10/2021
Monforte de Lemos | 06.10.2021 14:15
Hoxe facemos balance dos 5 anos que leva funcionando o servizo de Hospitalización a Domicilio co médico que se encargou ata o de agora de coordinalo, o doutor Mouriño. Nunha xornada na que segue baixando a incidencia da Covid que deixa a Monforte con menos de nove positivos. Melloran as cifras en toda a comarca en vésperas de entrar na "nova normalidade" que permitirá seguir aliviando restricións, o que permitirá máis aforo para a programación teatral que se inaugura este xoves en Monforte e que repasamos coa concelleira de cultura Marina Doutón. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa hoxe, recuperamos tamén o espazo "Facendo Empresa", e abrimos falando dunha iniciativa que se vén de inaugurar en Sober, "Gourmet Gallego". Entrevistamos ao promotor, Manuel Fernández Conde.