Gente Viajera de Galicia (12-02-2016)
Este venres de choiva, entre temporal e temporal, visitamos o concello de Laza na provincia de Ourense, comemos nun faro na Illa de Arousa (provincia de Pontevedra) e durmimos nun hórreo en Carboeiro - Ribadeo (provincia de Lugo. A galega viaxeira que nos acompaña no tempo da entrevista é a activista, tradutora, intérprete e escritora María Reimóndez. Ademais, repasamos a actualidade da semana e completamos a viaxe con propostas de ocio para a fin de semana.