10 y 11 de junio en Pontevedra Mamen Mendizábal y Mercedes Milá entre las relatoras de "As mulleres que opinan son perigosas"
A volta á presencialidade do foro “As mulleres que opinan son perigosas” será os días 10 e 11 de xuño no Edificio Castelao Museo de Pontevedra. Esta quinta edición do encontro, financiado pola a Deputación e o Concello de Pontevedra, retransmitirase tamén en streaming e contará coa presenza de 18 mulleres xornalistas converténdose así na edición con maior número de convidadas. O público poderá intercambiar impresións con elas nun punto de encontro que se situará no hall do edificio. O destacado elenco de relatoras do xornalismo español e galego está integrado por Mercedes Milá, Mamen Mendizábal, Ana Pardo de Vera, Paloma del Río, Joana Bonet, Margaryta Yakovenko, María Varela, Inma López Silva, Diana López, Ángeles Caballero, Marta García Aller, Fernanda Tabarés, Almudena Sánchez, Luz Sánchez Mellado, Estefanía Molina, Carolina Sertal, Marta Otero e María Piñeiro.
Redacción
Santiago de Compostela | 31.05.2022 14:53