Política

Baltar sinala a Rueda como o sucesor de Feijóo ao fronte do Goberno e mantén que o candidato á Xunta "se verá despois".

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, sitúa ao vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda coma sucesor de Feijoo ao fronte do Goberno galego, sinala Baltar en Onda Cero Ourense que sería só unha solución transitoria..

Redacción

Galicia | 28.03.2022 18:38

O presidente do PP ourensá Manuel Baltar cree que Alfonso Rueda será o relevo de Feijoo na Xunta, porén sinala que unha vez pasado o Congreso Nacional tocará sentarse para o galego e perfilar a sucesión na Xunta nas vindeiras eleccións. Neste contexto non confirmou se él aspira a ser candidato pero si que porá na mesa o seu peso político do pp ourensá.

Incidiu Baltar en que agora toca arroupar a un ourensán coma Alberto Núñez Feijoo á presidencia nacional do PP coa expectativa de que poida ser tamen o vindeiro presidente do Goberno do estado.