Más de Uno VigoDomingo Villar: "Estes contos celebran a vida, a amistade e a luz"
O escritor vigués Domingo Villar visitaba esta mañá os estudios de Onda Cero Vigo para presentar a súa nova obra. "Algúns contos completos", publicado en galego por Galaxia (en español "Algunos cuentos completos", por Siruela) son unha recopilación de dez contos creados por Villar ó longo dos anos e que mantivera na esfera privada ate que estes meses de pandemia lle privaron da posibilidade de compartilos con amigos e familiares. Foi daquela cando decidiu publicalos.
Rubén Rey
Vigo | 10.09.2021 11:48