José López Campos. "Cando se aprobou o Plan de normalización lingüística non había Tik Tok nin Instagram, estamos nun escenario novo e a lingua non é allea"
O conselleiro de Lingua inicia os contactos cos Grupos Parlamentarios e o presidente da Cámara para negociar un pacto pola lingua "sen imposicións" pero aberto a "falar de todo". Entrevista en La Brújula de Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude ,López Campos, mantén en Onda Cero Galicia que o plan de Normalización Lingüística de 2004 debe adaptarse 20 anos despois.
Recoñece que "non será fácil" , dixo en La Brújula de Galicia, fala de reto e sinala que a necesidade ou non dunha nova Lei de normalización lingüística verase na negociación. López Campos indicaba que a Xunta aposta polo diálogo e os que queiran "seguir pola vía da manifestación e as bandeiras, equivocaranse".