Agrávase a perda de galegofalantes entre os máis novos
Segundo os datos feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística.
Noticias de Galicia
Santiago |
Un terzo dos menores de 15 anos din que saben falar pouco o nada a lingua galega. A poboación de Galicia que fala sempre castelán medra ata o 29,66 por cento e supera aos que falan sempre en galego, que representan un 24,37 por cento.
Unha vez coñecidos estes datos, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou con dureza a política lingüística da Xunta. Namentres, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística salientan outro dato; 7 de cada 10 persoas en Galicia comunícanse en galego.
A enquisa pode ser consultada na páxina web do Instituto Galego de Estatística.