Más de Uno Pontevedra (25-11-2019)
Comezamos repasando a actualidade deste luns marcada polos actos reivindicativos do 25-N, Día Internacional contra a Violencia Machista, e conversando coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. No tempo da entrevista convidamos a Miguel Barros, impulsor do Movemento de Mestres e autor do libro "Memoria dunha experiencia asemblearia" que este mércores se presenta no Sexto Edificio do Museo provincial. Ademais, como cada luns, abrimos espazo de deporte e motor con Abel Millán e Rubén Rey, e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".